XORNADA
“COMO COMUNICAR A CIENCIA,
A TECNOLOXÍA E A INNOVACIÓN”



Os avances científicos e tecnolóxicos teñen implicacións cada vez máis directas sobre a economía dos países e o benestar dos seus cidadáns. De aí que impulsar o coñecemento da ciencia, a tecnoloxía e a innovación se estea a converter nunha necesidade xeneralizada nas sociedades desenvolvidas.

Obxectivos: Ofrecer recomendacións para a mellora da comunicación do coñecemento científico e tecnolóxico e das innovacións, principalmente por parte dos centros de investigación, Universidades e empresas aos medios de comunicación e á sociedade en xeral.

Destinatarios: Investigadores, académicos, empresarios e responsables de comunicación, prensa, “marketing” ou relacións institucionais de Universidades, Centros ou Institutos de Investigación e empresas.


Luns, 3 de novembro de 2008
De 10:00 a 13:30 hs
Auditorio - Edificio FEUGA.
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela

Programa:
10:00 Recollida de documentación
10:30 Apertura
• D. Salustiano Mato de la Iglesia. Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia
• D. Javier López Martínez. Director Xeral de FEUGA
10:45 “Conceptos básicos e experiencia de comunicación da innovación tecnolóxica desde a
Fundación COTEC”
• D. Manuel Zahera Pérez, Director de Promoción de COTEC
11:30 “Como comunicar a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación: Claves, ferramentas e linguaxe
para acceder mellor aos medios de comunicación”
• D. Pablo Jáuregui Narváez, Xefe da Sección de Ciencia do diario El Mundo
12:00 Mesa de debate
12:30 Clausura
• Javier López Martínez. Director Xeral de FEUGA
13:00 Viño Español

Matrícula:
Gratuíta. A asistencia está suxeita ao número de prazas dispoñible.

Información e inscricións
Data límite de inscrición: 31 de outubro
Para inscribirse cumprimente e envíenos o boletín adxunto por: e – mail (feugaformacion@feuga.es) ou fax (981 524 454) )

Fundación Empresa – Universidade Galega FEUGA
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela
Tfno: 981 534 180 - Fax: 981 524 454 - Fax:
feugaformacion@feuga.es (www.feuga.es)



----------------
Now playing: Dream Theater - As I am
via FoxyTunes

Posts Relacionados

Se el primero en comentar!

Publicar un comentario en la entrada