Anteproyecto Grado en Ingeniería Química. Plan Bolonia
Presentado el anteproyecto de Grado en Ingeniería Química de la Universidad de Santiago de Compostela. El plazo de alegaciones a este proyecto termina el 31 de Julio de 2009.
El contenido completo de este proyecto de Grado en Ingeniería Química se puede consultar en este enlace. Anteproyecto PDF
1.1Denominación:
Graduado o Graduada en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de
Compostela.
1.1.1 Nome do Título: Enxeñaría Química
1.1.2 Rama: Enxeñaría e Arquitectura
1.1.3 Número de créditos do Título: 240 ECTS
1.1.4 Código UNESCO de clasificación de títulos1: ISCED 5A52
1.2. Universidade solicitante e centro responsable das ensinanzas conducintes ao
título:
Universidade de Santiago de Compostela (USC). Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
1.3. Tipo de ensinanza de qué se trata (presencial, semipresencial, a distancia, etc.):
Presencial
1.4. Número de prazas de novo ingreso ofertadas (estimación para os primeiros 4
anos):
Os dous primeiros anos de impartición (é dicir, no período de implantación): 60
A partir do terceiro ano a oferta se regularía conforme á demanda, os recursos
dispoñibles e a capacidade docente da Universidade.
Para esta previsión tivéronse en conta diversos factores que veñen a confirmar que a
oferta que se presenta é suficiente para cubrir a potencial demanda.
En primeiro lugar, e a nivel comparativo, indicar que dende o curso 2000/01 estase
observando unha disminución do número de estudantes da disciplina de Enxeñaría
Química en España, a pesar de que o número de alumnos das Enxeñarías Superiores
se manten entre 22 e 25 mil estudantes novos por curso. Este proceso, fóra de
consideracións demográficas ou doutro estilo, é un fenómeno que xa se observou no
resto de Europa, onde ata recentemente España e Portugal foron unha excepción. Así
en Alemania o número de estudantes novos matriculados en Enxeñaría de Procesos
descendeu dende os 3000 en 1985, ata o 40% de ese valor na actualidade, mentres
que no total das Enxeñarías aumentou ata o 130% do valor de 1985.